É importante que de cando en vez visitedes esta páxina para enterarvos de todo o que sucede en clase, sobre todo cando faltedes...
- TRABALLO PARA SEMANA SANTA E TERCEIRO TRIMESTRE: Non o fagades todo en vacacións...
- MATE: problemas das páxinas azuis de repasa dos temas xa vistos.
- LINGUA GALEGA: analizar as frases dos seguintes exercicios: páxinas 152 (14 e 15), 166 (16, 17, 18 e 19), 180 (15, 16, 17 e 18), 193 (15, 17 e 18), 206 (15, 16 e 17).
- LINGUA CASTELÁ: 175 (20 e 22), 191 (22, 24, 26 e 27), 207 (21, 22 e 24), 208 (26 e 27), 223 (18, 19 e 21), 239 (25 e 27)
- INGLÉS: estudar 35 verbos irregulares e os Jobs.
- TRABALLO DE INGLÉS PARA A VOLTA DE VACACIÓNS: Tendes que ler, obrigatoriamente o seguinte libro: "Castles. King Arthur's treasure" da editorial Macmillan children's readers. O traballo está dividido en tres partes: 1. Traducilo todo nuns folios, 2. Buscar no diccionario as palabras que non entendendades e deixalo por escrito noutro folio e 3. Escribir a vosa opinión en inglés.
- A maiores o que queira pode ler outro libro e facer outro traballo igual, isto subirá 0,5 a nota final. O libro é "Caves. The lucky accident", da mesma editorial.
- Podedes descargar calquera foto deste blogue no voso ordenador. Non teredes máis que seleccionala, pinchar sobre ela e cando se vos maximice pinchade en arquivo, selecionade gardar como. Gardádea no lugar do voso ordenador que queirades e listo. Se tendes calquera dúbida perguntádeme en clase. (25-2-2011)
- Ide estudando os países e capitais de Europa, que dixo sí vai a haber control. Ademáis, seguro que vos sae mellor ca o de España. Estudiade no mesmo enlace.
- Repase o análise de frases de Lengua Castellana. Xa sabedes onde está e se non tamén o tendes aquí.
- Libro de lectura obrigatoria. Tendes de prazo para lelo ata o 10 me marzo. Titúlase "O MISTERIO DO CEMITERIO VELLO" De Fina Casalderrey, editorial S.M. (15-2-2011)
- A partir de hoxe temos unha axenda onde irei colgando as datas dos controles, da entrega de traballos, de saídas complementarias, etc. (5-2-2011)
- Xa podedes facer comentarios as entradas dende as vosas casas o que tendes que facer é o seguinte: pinchade onde pon comentario, entón abrirase a pestaniña para que escribades o que queirades, coma en clase. Unha vez rematado de escribir tendes que seleccionar perfil, aparece xusto debaixo da pestaña do texto, seleccionade Nome/URL e poñede o voso nome e deixade en branco o de URL. Pinchade en publicar comentario. Este comentario remitirase ao meu correo, unha vez que eu o revise será publicado. Facede unha proba. (5-2-2011)